xoves, 30 de outubro de 2014

IMAXES DO SAMAÍN

     
          


  



  


A SANTA COMPAÑA


QUÉ É?
É unha procesión de mortos ou ánimas en pena, vestidos con túnicas negras ou brancas, con carapuchas e descalzos, que , a partir das 12 da noite, recorren os 
camiños.




Tamén é coñecida como "A procesión das ánimas" ou simplemente "Compaña"



PARTICIPANTES:
Cada fantasma leva unha candea acendida, diante da mompaña fantasmal, atópase outro, pero máis vello, chamado Estadea.

A procesión vai encabezada por un vivo motal que porta unha cruz e un caldeiro de auga bendita; esta persoa viva pose ser home ou muller, é condeado a vagar todas as noites sen descanso ata que morran ou ata que atopen a outro mortal.




DISE QUE...:
Suponse que estos mortos visitan as casas nas que haberá unha defunción nun corto periodo de tempo.

Dise que non todos podemos ver a Santa Compaña, só certos "dotados" que son bautizados por erro co óleo dos difuntos, os demáis, só poderán sentila, intuila...

Conta a lenda que a Santa Compaña no poderá capturar a un mortal que se atopa con ela nos chanzos dun cruceiro.


PROTECCIÓN CONTRA ELA:
-Apartarse do seu camiño, non miralos e facer coma se non estiveran
-Trazar un círculo cunha estrea ou unha cruz dentro e entrar nel.
-Comer algo.
-Rezar e non escoitar a voz nin o son da Santa Compaña.
-Deitarse boca abaixo e agardar sen moverse, aunque a Compaña pase por enriba.
-Nunca coller unha candea que ofreza algún defunto da procesión.
-No último caso, botar a correr moi rápido.





SAMAÍN

DATOS:
O Samaín é unha festa Céltica.
O seu nome orixinal é  Samahin.
Na cultura celta utilizábase como celebración do final das colleitas.
É realizada polos pobos Celtas que poboaron Europa dende hai máis de tres mil anos.
Celébrase na noite do 31 de Outubro cara o 1 de Novembro.

ESTUDOS:

Rafael López Loureiro, un maestro de Cedeira, redescubrui esta tradición e comprobou que existía por toda Galicia.
Tamén comprobou que existía no norte de Cáceres, ao redor da zona na que están situadas as aldeas de 
fala galega e nas zonas de Zamora e de León próximas a Galicia.
No estudo que fixo R. López Loureiro, analizouse a relación entres as cabazas co culto da morte e a semexanza cas tradicións das illas británicas.

TRADICIÓN:

Hoxe en día séguese celebrando esta festa.
Esa noite, de fortes connotacións espirituais, desaparece o límite entre o mundo dos vivos e dos mortos.
As casas decóranse con adornos como cabazas, morcegos... para espantar aos mortos.  
Desta crenza ven o costume de disfrazarse de mortos ou de espíritos esa noite, para que os mortos non lles fagan dano aos vivos.

A SANTA COMPAÑA:

É unha procesión de mortos ou ánimas en pena, vestidos con túnicas negras ou brancas, con carapuchas e descalzos, que o día de Samaín a partir das 12 da noite, recorren os camiños.

sábado, 25 de outubro de 2014

GHALEGHO

Áreas lingüísticas do Galego
Este vídeo de 2 minutos de duración feito por unha rapaza de Rianxo que estuda Xornalismo na USC, reinvindica as peculiaridades do galego que se fala na súa zona, no Barbanza, con gheada e seseo explosivo (no mapa IB-2, área fisterrá).

Débese saber que a gheada e o seseo están permitidos na lingua oral pola Real Academia e que o seu uso está moi estendido nas zonas máis occidentais de Galicia.
Pois logho disto, recoméndovos que vexades o vídeo.

luns, 20 de outubro de 2014

GALICIA ENCANTADA

Esta páxina web é unha gran ferramenta, unha enciclopedia de fantasía popular de Galicia.
Nela podemos atopar lendas, seres míticos, fantasías, historias sobre amuletos... 
Pódenos solucionar dúbidas, resolver exercicios de clase, ou mesmo ler historias e lendas para quen quera informarse sobre  cousas da nosa cultura, da nosa mitoloxía...
Non só serve para consultar, tamén podemos enviar lendas e participar na web.
E o demáis sobre esta web tedes que descubrilo vos, facendo que penduren as nosas lendas, os nosos seres fantásticos...