xoves, 27 de abril de 2017

CONCURSO DE PORTADAS

Xa temos as gañadoras do concurso de portadas para a revista. A verdade é que este ano puxéronllo moi difícil ao xurado polo número e a calidade dos traballos presentados.

Parabéns para as gañadoras e moitas grazas a todos e todas por participar!



Deseño gañador: Mónica Jiménez de 3º A da ESO


2ª premio: Zaira Rodríguez de 2º C da ESO


Desexamos que para o ano sigades particpando!

martes, 28 de marzo de 2017

Dámoslle á lingua?



Hoxe queremos propoñervos unha actividade moi divertida e enriquecedora  e por esta vez ningués vos dirá nada por estar falando a boca chea. A que parece divertido? Pois animádevos a ir! E lembrade que as 19.00 as actuacións son de balde.

domingo, 12 de marzo de 2017

XORNALISTAS ESTACIONAIS

Gustounos moito esta proposta do xornal A voz de Galicia. Tentaremos entre todos e todas crear o noso xornal primaveral. Apetécevos?





xoves, 9 de marzo de 2017

EXTRA, EXTRA!

Que gran noticia atopamos hoxe no xornal! 

O manuscrito inédito de "De catro a catro"  de Manuel Antonio publícase en edición facsímile.


mércores, 8 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER!

Hoxe,  8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller. Este día está recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e para facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. As mulleres que traballan e estudan no  IES Rafael Puga Ramón recibiron unha sorpresa moi especial neste día ao ir ao baño.  Grazas!

Aquí vos deixamos unha mostra desta gran sorpresa: 



martes, 7 de marzo de 2017

SEGUIMOS CO CORAZÓN AMORATADO

Hoxe queremos compartir con vós a curtametraxe Corazón amoratado das nosas alumnas. Estamos moi orgullosos delas e do seu traballo e nunca nos cansaremos de felicitalas. Desexamos que este traballo que fixeron con tanto esforzo e agarimo vos guste tanto como a nós e lembrade que "podes darlle a chave da túa vida a quen queiras, pero tamén podes cambiar de pechadura".