xoves, 5 de novembro de 2015

POR QUE A XENTE SE DISFRAZA POLO SAMAÍN?




É unha boa pregunta, moi poucos saberían contestala.

Agora, cando andamos pola rúa a finais de outubro e comezos de novembro, atoamos cantidade de locais con adornos de Halloween e, por se fora pouco ver todo aquilo cheo de teas de araña, esqueletos, sangue...algunha xente  decide disfrazarse. Por que?

Halloween, samaín, samhain... veñen a ser case o mesmo.


A orixinal é samhain, tradicional celta que predominante en Irlanda. Expandiuse ata chegar a algunha zonas de Galicia, converténdose en Samaín.
Halloween foi a parte do Samhaín que chegou aos Estados Unidos, onde é tan coñecida. Alí disfrázanse todos, como facemos no entroido.

Hai dous motivos polos que a xente se disfraza: por seguir unha tradición estranxeira ou ben por motivos de tradición.

Antes, polas crenzas que había, pensaban que a Santa Compaña ou as ánimas dos mortos podían ir nesa data ao mundo dos vivos. Por medo, chegaron a conclusión de que ao disfrazarse de espectros, zombis, pantasmas... podían asustar ás ánimas para que non lles pasara nada.