mércores, 2 de decembro de 2015

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Trátase do libro máis leído da literatura galega, protagonizou un gran impacto popular.

O seu autor é Xosé Neiras Vilas, o libro foi escrito no 1961.
Traduciuse a: castelán, éuscaro, catalán, asturiano, inglés, francés, alemán, romanés, sueco, chinés, búlgaro, italiano, ruso, checo, portugués e ata existe unha edición en braile.
Esta obra tamén deu lugar a dous documentais.  


"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Como quen di, un ninguén"


Está baseada na realidade galega da posguerra.
Balbino é o protagonista da novela. É un neno galego duns 10 ou 12 anos de aldea e pobre, viven en Gres, Vila de Cruces, na década dos anos 40. Balbino denuncia as inxustizas da sociedade.
Todas as aventuras do neno son escritas no seu caderno, Balbino é aventureiro e vergonzoso, moi pícaro e tamén valente. 


"Vexo sombras e luces, nubeiros que viaxan, lume, árbores. Que é todo iso? Ningúen me di, poño por caso, para que serven as estrelas, nin onde morren os paxaros" 

"Memorias dun neno labrego" ten unha estrutura moi sinxela, profundiza na realidade da Terra, no subdesenrolo dun grupo de xentes da aldea. 

Neira Vilas conta dende o punto de vita de Balbino, a vida dun neno somerxido nun mundo pechado ata que ten que emigrar.
                                           
                            XOSÉ NEIRA VILAS CONVIRTE A BALBINO NO 
                                           SÍMBOLO DA LOITA DUN POBO
                                         
                     

XOSÉ NEIRA VILAS


                                        

 Xosé Neira Vilas naceu nunha familia campesiña o 2-12-1928 en Gres, Vila de Cruces, Pontevedra.          Pasou a infancia e adolescencia na súa vila natal, indo á escola e traballado no campo. Con catorce anos estudaba comercio e traballaba nas oficinas dun aserradoiro á vez.

No 1949 emigrou a Arxentina, onde se decatou da importacia da lingua galega. 
Fundou no 1953 as Mocedades Galeguistas, escribiu artículos en Adiente e colaborou co Congreso de Emigración Galega (1956).
Tamén fundou, a editorial Follas Novas ca escritora cubana (filla de galegos), Anisia Miranda, ca que
 casou no 1957.
Establecéronse en Cuba, onde Xosé Neira traballou na administración e cultivo do periodismo. Dende 19696 dirixiu a Seción Galega do instituto de Literatura e Lingüista da Academia de Ciencias de Cuba, desenrolando unha labor de estudio e recopilación das obras dos emigrantes galegos.
Tras trinta anos en Cuba, o matrimonio regresou a Galicia en 1992, instaláronse en Gres, donde dirixiron a Fundación Xosé Neira Vilas.
Neira Vilas era membro numerario da RAG (Real Academia Galega), dotor honorias caus polas universidades da Habana e da Coruña e recibui numerosos premios.
Morreu o pasado 2-11-2015 deixando numerosas obras:
 "Memorias dun neno labrego" , "Aquelos anos do Moncho" , "De cando Suso foi canteiro",
"Camiño bretemoso" , "Remuíño de sombras" , "Xente no rodicio" , "A muller de ferro",   
"Querido Tomás"  , "O ciclo do neno" , "Carta a Lelo" , "Tempo Novo" , "Nai",

"Espantallo amigo" , "Cabaliño do buxo" ,  "A Marela Taravela" ...