Este venres 14 de novembro imos celebrar o magosto no noso centro pero, que significa magosto?
Etimoloxicamente, magosto creese que vén, ou ben de
Magnus Ustus (gran lume), ou de
Magum Ustus (lume máxico).
|
Castañeiro na cidade de Pontevedra |
Esta festa celébrase en novembro, ata alá por San Martiño (11 de novembro), como xa o dí o dito: "Polo San Martiño, castañas e viño". Nós celebrarémolo uns días despois, e como o dito di, castañas haberá aínda que viño non o creo.
As castañas son básicas nesta festa, xa que, antes da chegada das patacas e do millo de América, a castaña era un dos produtos básicos na alimentación da poboación.
A pesares de que a castaña quedara nun segundo plano, é moi frecuente ver nestas datas castañeiros polas rúas das cidades onde podes gozar dunhas poucas castañiñas asadas.