xoves, 4 de xuño de 2015

REQUE-REQUE

Un pouquiño de música tradicional...

É un instrumento tradicional moi pouco coñecido, tamén utilizado como xoguete para os nenos.
Non está moi defundido, é característico da rexión do Miño, unido á tradición galega e portuxesa.
Tamén é chamado reco-reco, raspador, caracaxá ou querequexé.

É un idiófono moi simple, consta dun pau ou cana denteado que se fricciona con outro pau ou cana rachada e produce un son característico.

A forma máis común construída é dunha cana de bambú ou madeira ainda que tamén existen de plástico, madeira, metal e mixtos.

Ten formas moi variadas e poden presentar figuras humanas ou de aminais, decoradas dependendo do gusto do seu constructor.

Outra modalidade é unha pequena caixade madeira resorte de aceiro estendida; o resorte é friccionado por unhas tapas de botellas ensartadas nunha barilla de ferro.