martes, 28 de marzo de 2017
Dámoslle á lingua?
Hoxe queremos propoñervos unha actividade moi divertida e enriquecedora e por esta vez ningués vos dirá nada por estar falando a boca chea. A que parece divertido? Pois animádevos a ir! E lembrade que as 19.00 as actuacións son de balde.
sábado, 25 de marzo de 2017
domingo, 12 de marzo de 2017
XORNALISTAS ESTACIONAIS
Gustounos moito esta proposta do xornal A voz de Galicia. Tentaremos entre todos e todas crear o noso xornal primaveral. Apetécevos?
xoves, 9 de marzo de 2017
EXTRA, EXTRA!
Que gran noticia atopamos hoxe no xornal!
O manuscrito inédito de "De catro a catro" de Manuel Antonio publícase en edición facsímile.
mércores, 8 de marzo de 2017
DÍA DA MULLER!
Hoxe, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller. Este día está recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e para facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. As mulleres que traballan e estudan no IES Rafael Puga Ramón recibiron unha sorpresa moi especial neste día ao ir ao baño. Grazas!
Aquí vos deixamos unha mostra desta gran sorpresa:
Aquí vos deixamos unha mostra desta gran sorpresa:
martes, 7 de marzo de 2017
SEGUIMOS CO CORAZÓN AMORATADO
Hoxe queremos compartir con vós a curtametraxe Corazón amoratado das nosas alumnas. Estamos moi orgullosos delas e do seu traballo e nunca nos cansaremos de felicitalas.
Desexamos que este traballo que fixeron con tanto esforzo e agarimo vos guste tanto como a nós e lembrade que "podes darlle a chave da túa vida a quen queiras, pero tamén podes cambiar de pechadura".
sábado, 4 de marzo de 2017
AS NOSAS GRANDES ESTRELAS NA RADIO GALEGA.
As nosas alumnas Mencía González Rodríguez, Uxía Carreira Moscoso, Gara Sandá Floréz e María Calvo García foron entrevistadas pola Radio Galega despois da realización e estrea da curtametraxe Corazón Amoratado.
Parabéns ás catro e a seguir así!
XA ESTAMOS AQUÍ UN ANO MÁIS.
Un curso máis estamos elaborando a revista do noso centro, Pugazeta, non esquezas entregar o teu artigo, viñeta ou calquera outra aportación a calquera dos membros do EDL.
Contamos coa túa participación!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)