luns, 4 de xaneiro de 2016

2016

E aquí, 2016, así da nada, nun abrir e pechar de ollos, un novo ano.
Pero novo ano, non novo curso, iso quere dicir que nuns días... retomar as clases...

Podería ter escrito fai uns días unha entrada polo Nadal, agardo compasión, que de vacacións estamos moitos. Xa coñecedes ao Apalpador así que non era preciso repetilo un ano máis.
E falando do Apalpador informarei de dúas cousas:

1- Non só existe este personaxe en Galicia, noutras partes do mundo, sen iren máis lonxe,, aquí na península, hai outros bastante semellantes (que copións están feitos...

2- Queridos mestres de galego, a canción do Apalpador é un éxito nas clases, e non só en infantil ou primaria, na ESO ten a súa relevancia tamén.

E no tema das uvas na Noitevella, ten varias contradicións, hai quen aseguran que esta tradición comezou porque un ano producíronse moitas uvas nos viñedos e utilizáronas para esta celebración. Sexa o motivo que sexa, aquí celébrase igual, menos a xente máis "delicada" que non lle gusta este froito e prefire comer outro alimento nas badaladas (sempre rematan antes...son doados de tragar...)
O que si que sabemos é que ano tras ano temos a Gayoso no Obradoiro, e xente coñecida na Porta do Sol e tooodos os americanos pendentes da bola de Times Square...

E nada, ano tras ano co noso ritual e cas nosas vacacións NECESARIAS para descansar un pouquiño a cabeza.

Así que a todos:
BO NADAL  (máis vale tarde que nunca) 

FELIZ 2016!