xoves, 30 de outubro de 2014

A SANTA COMPAÑA


QUÉ É?
É unha procesión de mortos ou ánimas en pena, vestidos con túnicas negras ou brancas, con carapuchas e descalzos, que , a partir das 12 da noite, recorren os 
camiños.




Tamén é coñecida como "A procesión das ánimas" ou simplemente "Compaña"



PARTICIPANTES:
Cada fantasma leva unha candea acendida, diante da mompaña fantasmal, atópase outro, pero máis vello, chamado Estadea.

A procesión vai encabezada por un vivo motal que porta unha cruz e un caldeiro de auga bendita; esta persoa viva pose ser home ou muller, é condeado a vagar todas as noites sen descanso ata que morran ou ata que atopen a outro mortal.




DISE QUE...:
Suponse que estos mortos visitan as casas nas que haberá unha defunción nun corto periodo de tempo.

Dise que non todos podemos ver a Santa Compaña, só certos "dotados" que son bautizados por erro co óleo dos difuntos, os demáis, só poderán sentila, intuila...

Conta a lenda que a Santa Compaña no poderá capturar a un mortal que se atopa con ela nos chanzos dun cruceiro.


PROTECCIÓN CONTRA ELA:
-Apartarse do seu camiño, non miralos e facer coma se non estiveran
-Trazar un círculo cunha estrea ou unha cruz dentro e entrar nel.
-Comer algo.
-Rezar e non escoitar a voz nin o son da Santa Compaña.
-Deitarse boca abaixo e agardar sen moverse, aunque a Compaña pase por enriba.
-Nunca coller unha candea que ofreza algún defunto da procesión.
-No último caso, botar a correr moi rápido.





Ningún comentario:

Publicar un comentario