mércores, 2 de decembro de 2015

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Trátase do libro máis leído da literatura galega, protagonizou un gran impacto popular.

O seu autor é Xosé Neiras Vilas, o libro foi escrito no 1961.
Traduciuse a: castelán, éuscaro, catalán, asturiano, inglés, francés, alemán, romanés, sueco, chinés, búlgaro, italiano, ruso, checo, portugués e ata existe unha edición en braile.
Esta obra tamén deu lugar a dous documentais.  


"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Como quen di, un ninguén"


Está baseada na realidade galega da posguerra.
Balbino é o protagonista da novela. É un neno galego duns 10 ou 12 anos de aldea e pobre, viven en Gres, Vila de Cruces, na década dos anos 40. Balbino denuncia as inxustizas da sociedade.
Todas as aventuras do neno son escritas no seu caderno, Balbino é aventureiro e vergonzoso, moi pícaro e tamén valente. 


"Vexo sombras e luces, nubeiros que viaxan, lume, árbores. Que é todo iso? Ningúen me di, poño por caso, para que serven as estrelas, nin onde morren os paxaros" 

"Memorias dun neno labrego" ten unha estrutura moi sinxela, profundiza na realidade da Terra, no subdesenrolo dun grupo de xentes da aldea. 

Neira Vilas conta dende o punto de vita de Balbino, a vida dun neno somerxido nun mundo pechado ata que ten que emigrar.
                                           
                            XOSÉ NEIRA VILAS CONVIRTE A BALBINO NO 
                                           SÍMBOLO DA LOITA DUN POBO
                                         
                     

Ningún comentario:

Publicar un comentario