xoves, 30 de outubro de 2014

SAMAÍN

DATOS:
O Samaín é unha festa Céltica.
O seu nome orixinal é  Samahin.
Na cultura celta utilizábase como celebración do final das colleitas.
É realizada polos pobos Celtas que poboaron Europa dende hai máis de tres mil anos.
Celébrase na noite do 31 de Outubro cara o 1 de Novembro.

ESTUDOS:

Rafael López Loureiro, un maestro de Cedeira, redescubrui esta tradición e comprobou que existía por toda Galicia.
Tamén comprobou que existía no norte de Cáceres, ao redor da zona na que están situadas as aldeas de 
fala galega e nas zonas de Zamora e de León próximas a Galicia.
No estudo que fixo R. López Loureiro, analizouse a relación entres as cabazas co culto da morte e a semexanza cas tradicións das illas británicas.

TRADICIÓN:

Hoxe en día séguese celebrando esta festa.
Esa noite, de fortes connotacións espirituais, desaparece o límite entre o mundo dos vivos e dos mortos.
As casas decóranse con adornos como cabazas, morcegos... para espantar aos mortos.  
Desta crenza ven o costume de disfrazarse de mortos ou de espíritos esa noite, para que os mortos non lles fagan dano aos vivos.

A SANTA COMPAÑA:

É unha procesión de mortos ou ánimas en pena, vestidos con túnicas negras ou brancas, con carapuchas e descalzos, que o día de Samaín a partir das 12 da noite, recorren os camiños.

Ningún comentario:

Publicar un comentario