Parabéns para as gañadoras e moitas grazas a todos e todas por participar!
Deseño gañador: Mónica Jiménez de 3º A da ESO
2ª premio: Zaira Rodríguez de 2º C da ESO
Desexamos que para o ano sigades participando!
![]() |
"Por amainala conciencia guindei con meu título de médico no fondo dunha gabeta, e busquei outra maneira de me valer. As xentes xa non sabían que eu era dono de tan tremenda licencia oficial; mais unha noite foron requiridos os meus servizos.
Era domingo. Melchor, o taberneiro, agardaba por min ó pé da porta. Deume as boas noites e rompeu a chorar, e por entre os saloucos saíanlle as verbas tan estruchadas que soamente logrou dicirme que tiña un fillo a morrer.
O pobre pai turraba por min, e eu deixábame levar, enfeitizado pola súa dor. ¡Despois de todo eu era médico titulado e non podía negarme! E tiven tan fortes anceios de compracelo que sentín xurdir nos meus adentros unha grande ciencia...
Cando chegamos á casa de Melchor logrei arriarme das súas mans, e con finxido acoitamento confeseille que sabía pouco da carreira..."
Con este fragmento de relato, quero falar do seu autor, Castelao, xa que un día como hoxe, en 1886, nacía este polifacético personaxe en Rianxo.