xoves, 12 de maio de 2016
mércores, 2 de marzo de 2016
O pasado de febreiro foi un día importante, o aniversario de Rosalía de Castro, cumpriu exactamente 179 anos. Se soubera que nós seguimos a celebralo...
Por este motivo a etiqueta #mobilizarosalia estivo presente nas redes o pasado mércores,
Nalgunhas clases de galego fixemos unha actividade que consistía en pegar na aula uns versos de Rosalía escollidos por nós e outro, elixidos para este ano:
queixiñas e choros.
Ademais, un pequeno grupo de alumnos de 3º da ESO decidiu "mobilizar" o instituto e pegar polos corredores tanto versos da autora como a etiqueta para publicar nas redes.
Aquí vos deixo unha das fotografías mais vistas este 24 de febreiro e, ademais, déixovos as ganas de participar o ano que ven no proxecto.
Cantart' hei, Galicia,
teus dulces cantares,
qu´asi mó pediron
na veira do mare. Att: Rosalía de Castro
luns, 4 de xaneiro de 2016
2016
E aquí, 2016, así da nada, nun abrir e pechar de ollos, un novo ano.
Pero novo ano, non novo curso, iso quere dicir que nuns días... retomar as clases...
Podería ter escrito fai uns días unha entrada polo Nadal, agardo compasión, que de vacacións estamos moitos. Xa coñecedes ao Apalpador así que non era preciso repetilo un ano máis.
E falando do Apalpador informarei de dúas cousas:
1- Non só existe este personaxe en Galicia, noutras partes do mundo, sen iren máis lonxe,, aquí na península, hai outros bastante semellantes (que copións están feitos...
2- Queridos mestres de galego, a canción do Apalpador é un éxito nas clases, e non só en infantil ou primaria, na ESO ten a súa relevancia tamén.
E no tema das uvas na Noitevella, ten varias contradicións, hai quen aseguran que esta tradición comezou porque un ano producíronse moitas uvas nos viñedos e utilizáronas para esta celebración. Sexa o motivo que sexa, aquí celébrase igual, menos a xente máis "delicada" que non lle gusta este froito e prefire comer outro alimento nas badaladas (sempre rematan antes...son doados de tragar...)
O que si que sabemos é que ano tras ano temos a Gayoso no Obradoiro, e xente coñecida na Porta do Sol e tooodos os americanos pendentes da bola de Times Square...
E nada, ano tras ano co noso ritual e cas nosas vacacións NECESARIAS para descansar un pouquiño a cabeza.
Así que a todos:
BO NADAL (máis vale tarde que nunca)
E
FELIZ 2016!

mércores, 2 de decembro de 2015
MEMORIAS DUN NENO LABREGO
Trátase do libro máis leído da literatura galega, protagonizou un gran impacto popular.
O seu autor é Xosé Neiras Vilas, o libro foi escrito no 1961.
Traduciuse a: castelán, éuscaro, catalán, asturiano, inglés, francés, alemán, romanés, sueco, chinés, búlgaro, italiano, ruso, checo, portugués e ata existe unha edición en braile.
Esta obra tamén deu lugar a dous documentais.
"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Como quen di, un ninguén"
Está baseada na realidade galega da posguerra.
Balbino é o protagonista da novela. É un neno galego duns 10 ou 12 anos de aldea e pobre, viven en Gres, Vila de Cruces, na década dos anos 40. Balbino denuncia as inxustizas da sociedade.
Todas as aventuras do neno son escritas no seu caderno, Balbino é aventureiro e vergonzoso, moi pícaro e tamén valente.
"Vexo sombras e luces, nubeiros que viaxan, lume, árbores. Que é todo iso? Ningúen me di, poño por caso, para que serven as estrelas, nin onde morren os paxaros"
"Memorias dun neno labrego" ten unha estrutura moi sinxela, profundiza na realidade da Terra, no subdesenrolo dun grupo de xentes da aldea.
Neira Vilas conta dende o punto de vita de Balbino, a vida dun neno somerxido nun mundo pechado ata que ten que emigrar.
Neira Vilas conta dende o punto de vita de Balbino, a vida dun neno somerxido nun mundo pechado ata que ten que emigrar.
XOSÉ NEIRA VILAS CONVIRTE A BALBINO NO
SÍMBOLO DA LOITA DUN POBO
XOSÉ NEIRA VILAS
Xosé Neira Vilas naceu nunha familia campesiña o 2-12-1928 en Gres, Vila de Cruces, Pontevedra. Pasou a infancia e adolescencia na súa vila natal, indo á escola e traballado no campo. Con catorce anos estudaba comercio e traballaba nas oficinas dun aserradoiro á vez.
No 1949 emigrou a Arxentina, onde se decatou da importacia da lingua galega.
Fundou no 1953 as Mocedades Galeguistas, escribiu artículos en Adiente e colaborou co Congreso de Emigración Galega (1956).
Tamén fundou, a editorial Follas Novas ca escritora cubana (filla de galegos), Anisia Miranda, ca que
casou no 1957.
Establecéronse en Cuba, onde Xosé Neira traballou na administración e cultivo do periodismo. Dende 19696 dirixiu a Seción Galega do instituto de Literatura e Lingüista da Academia de Ciencias de Cuba, desenrolando unha labor de estudio e recopilación das obras dos emigrantes galegos.
Tras trinta anos en Cuba, o matrimonio regresou a Galicia en 1992, instaláronse en Gres, donde dirixiron a Fundación Xosé Neira Vilas.
Neira Vilas era membro numerario da RAG (Real Academia Galega), dotor honorias caus polas universidades da Habana e da Coruña e recibui numerosos premios.
Morreu o pasado 2-11-2015 deixando numerosas obras:
"Memorias dun neno labrego" , "Aquelos anos do Moncho" , "De cando Suso foi canteiro",
"Camiño bretemoso" , "Remuíño de sombras" , "Xente no rodicio" , "A muller de ferro",
"Querido Tomás" , "O ciclo do neno" , "Carta a Lelo" , "Tempo Novo" , "Nai",
"Espantallo amigo" , "Cabaliño do buxo" , "A Marela Taravela" ...
"Espantallo amigo" , "Cabaliño do buxo" , "A Marela Taravela" ...
xoves, 5 de novembro de 2015
POR QUE A XENTE SE DISFRAZA POLO SAMAÍN?
É unha boa pregunta, moi poucos saberían contestala.
Agora, cando andamos pola rúa a finais de outubro e comezos de novembro, atoamos cantidade de locais con adornos de Halloween e, por se fora pouco ver todo aquilo cheo de teas de araña, esqueletos, sangue...algunha xente decide disfrazarse. Por que?
Halloween, samaín, samhain... veñen a ser case o mesmo.
A orixinal é samhain, tradicional celta que predominante en Irlanda. Expandiuse ata chegar a algunha zonas de Galicia, converténdose en Samaín.
Halloween foi a parte do Samhaín que chegou aos Estados Unidos, onde é tan coñecida. Alí disfrázanse todos, como facemos no entroido.
Hai dous motivos polos que a xente se disfraza: por seguir unha tradición estranxeira ou ben por motivos de tradición.
Antes, polas crenzas que había, pensaban que a Santa Compaña ou as ánimas dos mortos podían ir nesa data ao mundo dos vivos. Por medo, chegaron a conclusión de que ao disfrazarse de espectros, zombis, pantasmas... podían asustar ás ánimas para que non lles pasara nada.
luns, 28 de setembro de 2015
CURSO 15-16
E aquí o novo curso 15/16...un ano máis comezando cheos de entusiasmo e ganas (uns máis ca outros).
Curso superior, compañeiros diferentes, alumnos novos no centro, materias que nunca diramos...resumindo, o que dixen antes, curso novo con tódalas súas consecuencias.
Pouco máis que contar agora, aínda é cedo, quédanos un curso enteiro por descubrir...

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)