mércores, 12 de novembro de 2014

MAGOSTO

Este venres 14 de novembro imos celebrar o magosto no noso centro pero, que significa magosto?

Etimoloxicamente, magosto creese que vén, ou ben de Magnus Ustus (gran lume), ou de Magum Ustus (lume máxico).

Castañeiro na cidade de Pontevedra
Esta festa celébrase en novembro, ata alá por San Martiño (11 de novembro), como xa o dí o dito: "Polo San Martiño, castañas e viño". Nós celebrarémolo uns días despois, e como o dito di, castañas haberá aínda que viño non o creo.

As castañas son básicas nesta festa, xa que, antes da chegada das patacas e do millo de América, a castaña era un dos produtos básicos na alimentación da poboación.

A pesares de que a castaña quedara nun segundo plano, é moi frecuente ver nestas datas castañeiros polas rúas das cidades onde podes gozar dunhas poucas castañiñas asadas.

3 comentarios: