Coñecer
Galicia por medio de pequenas excursións, cámara en man, é un dos
meus pasatempos favoritos. Hai moito por descubrir na nosa terra,
moito mais alá dos tópicos.
Aínda
que estamos nas últimas semanas da avaliación, non podo deixar
escapar este outono sen propoñer unha escapada a un dos mellores
lugares de Galicia para percibir os colores e beleza desta
pouco valorada estación. Preciosas paisaxes de montaña con
tonalidades exclusivas da época, espectaculares castañas e
cogomelos, un mosteiro especial, construcións propias da zona e
moito más.
Presento un pequeno paseo dende Sarria, pasando por Samos, os altos do
Poio e San Roque (1335metros e 1270metros) ata chegar ao Cebreiro.
Boa viaxe!
Haberá que facer esta viaxe, entón.
ResponderEliminar