Amosando publicacións coa etiqueta Puga Ramón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Puga Ramón. Amosar todas as publicacións

domingo, 22 de abril de 2018

CONCURSO PORTADAS 2018!

Xa estamos aquí de novo co concurso de portadas para a revista.

Aquí tedes as bases deste ano..... 




















                                                  

xoves, 27 de abril de 2017

CONCURSO DE PORTADAS

Xa temos as gañadoras do concurso de portadas para a revista. A verdade é que este ano puxéronllo moi difícil ao xurado polo número e a calidade dos traballos presentados.

Parabéns para as gañadoras e moitas grazas a todos e todas por participar!



Deseño gañador: Mónica Jiménez de 3º A da ESO


2ª premio: Zaira Rodríguez de 2º C da ESO


Desexamos que para o ano sigades participando!

sábado, 4 de marzo de 2017

XA ESTAMOS AQUÍ UN ANO MÁIS.


Un curso máis estamos elaborando a revista do noso centro, Pugazeta, non esquezas entregar o teu artigo, viñeta ou calquera outra aportación a calquera dos membros do EDL.

Contamos coa túa participación!

luns, 11 de maio de 2015

OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORSE.

Discurso parlamentario nas cortes da II República Española que reflicte o sentir de Castelao:

“Cuando yo fui a la escuela no sabía aún hablar en castellano; porque yo tengo que deciros que soy hijo de una familia humildísima. Fui a la escuela muchas veces descalzo, con un pedazo de pan de maíz en el bolsillo. Por eso tiene para mí el gallego esa nostalgia deliciosa que me recuerda el tiempo feliz de la infancia, ese tiempo que es el más feliz de todos los hombres; pero que yo creo que en mí lo es aún más, porque soy aldeano y de serlo y por haber probado la miel de otros idiomas, es por lo que quiero dignificar el habla de mi pueblo, la lengua del único rey español que se llamó Sabio, el viejo idioma que supieron guardar como oro nuestro trabajadores del mar y de la tierra, de estos trabajadores gallegos que son de mi sangre y son de mi carne. Señores diputados, si aprobáis nuestra enmienda, u otra cualquiera que signifique respeto por nuestra Lengua, Galicia entera os lo agradecerá.”

  Fantástica versión de María do Ceo.



Rapaces e rapazas isto vai por vós!

martes, 3 de marzo de 2015

“Dinche o corazón na man”


                                   
Rosalía vista por unha das nosas alumnas.
     Dinche o corazón na man 
    dincho queridiña enteiro 
    ca pirmeiriña esperanza 
    co pensamento pirmeiro. 
    Dincho cal neno que nase 
    de ilusións brancas cuberto
    caraveliño cerrado 
    ó teu calor dulce aberto.
    En solitarios herbales
    era rosiña escondida, 
    solo para ti prantada 
    para ti solo nacida. 
    E coma frol sensitiva 
    baixo outra man se pregaba, 
    e solo onda ti vivía 
    e de ti lonxe muchaba. 

                                       Rosalía de Castro


domingo, 22 de febreiro de 2015

A NOSA REVISTA!

PUGA ZETA

Este é o último número da nosa revista e estamos traballando no seguinte que sairá á luz no mes de xuño. COLABORA CONNOSCO!


xoves, 5 de febreiro de 2015

Rosetóns de diferentes templos galegos con Geogebra.

Os nosos dragaliños e dragaliñas representaron estes rosetóns empregando o Geogebra. Despois de moito traballo....Velaiquí o resultado.


sábado, 24 de xaneiro de 2015

Imos dar unha voltiña!

Os Muíños e Batáns do Mosquetín

Non hai que ir moi lonxe para atopar un muíño, ou restos dun muíño, dos que non hai moitos anos aínda se aproveitaban para o cereal. Mentres na seca Castela os mais coñecidos son os de vento, en Galicia son mais populares os hidráulicos.
Muíño do Mosquetín
O que non é tan coñecido e a existencia dos batáns. Estes son coma un muíño hidráulico, pero que no lugar de mover unha pedra para moer moven unha serie de pesados mazos que golpean as telas molladas. O obxectivo era compactar a trama da tela, de xeito que quedaban menos propensos a desfibrar. Canto peor calidade na tela, mais tempo no batán. Por certo, o servizo non era de balde.
Conxunto de Batáns
Desta volta propoño que visitedes o concello de Vimianzo, onde atoparedes un conxunto de sete muíños e tres batáns. Se ides en vacacións poderedes visitar o interior, pero no inverno é o momento mais espectacular para ir, xa que o caudaloso río Grande ofrece un espectáculo único galego.
Canais de auga
Vista xeral
GPS: 43º 09′ 14” N – 08º 59′ 09” O

domingo, 23 de novembro de 2014

OUTONO NOS ARREDORES DO COUREL


Coñecer Galicia por medio de pequenas excursións, cámara en man, é un dos meus pasatempos favoritos. Hai moito por descubrir na nosa terra, moito mais alá dos tópicos.

Aínda que estamos nas últimas semanas da avaliación, non podo deixar escapar este outono sen propoñer unha escapada a un dos mellores lugares de Galicia para percibir os colores e beleza desta pouco valorada estación. Preciosas paisaxes de montaña con tonalidades exclusivas da época, espectaculares castañas e cogomelos, un mosteiro especial, construcións propias da zona e moito más.

Foto PanoCourel
Presento un pequeno paseo dende Sarria, pasando por Samos, os altos do Poio e San Roque (1335metros e 1270metros) ata chegar ao Cebreiro.

 
 
 
Boa viaxe!