Un ano máis aquí tedes a nosa revista en formato dixital. Agardomos que vos guste e grazas a todos e a todas pola vosa colaboración.
domingo, 24 de xuño de 2018
domingo, 22 de abril de 2018
xoves, 27 de abril de 2017
CONCURSO DE PORTADAS
Xa temos as gañadoras do concurso de portadas para a revista. A verdade é que este ano puxéronllo moi difícil ao xurado polo número e a calidade dos traballos presentados.
Parabéns para as gañadoras e moitas grazas a todos e todas por participar!
Parabéns para as gañadoras e moitas grazas a todos e todas por participar!
Deseño gañador: Mónica Jiménez de 3º A da ESO
2ª premio: Zaira Rodríguez de 2º C da ESO
Desexamos que para o ano sigades participando!
martes, 28 de marzo de 2017
Dámoslle á lingua?
Hoxe queremos propoñervos unha actividade moi divertida e enriquecedora e por esta vez ningués vos dirá nada por estar falando a boca chea. A que parece divertido? Pois animádevos a ir! E lembrade que as 19.00 as actuacións son de balde.
sábado, 25 de marzo de 2017
domingo, 12 de marzo de 2017
XORNALISTAS ESTACIONAIS
Gustounos moito esta proposta do xornal A voz de Galicia. Tentaremos entre todos e todas crear o noso xornal primaveral. Apetécevos?
xoves, 9 de marzo de 2017
EXTRA, EXTRA!
Que gran noticia atopamos hoxe no xornal!
O manuscrito inédito de "De catro a catro" de Manuel Antonio publícase en edición facsímile.
mércores, 8 de marzo de 2017
DÍA DA MULLER!
Hoxe, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller. Este día está recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e para facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. As mulleres que traballan e estudan no IES Rafael Puga Ramón recibiron unha sorpresa moi especial neste día ao ir ao baño. Grazas!
Aquí vos deixamos unha mostra desta gran sorpresa:
Aquí vos deixamos unha mostra desta gran sorpresa:
martes, 7 de marzo de 2017
SEGUIMOS CO CORAZÓN AMORATADO
Hoxe queremos compartir con vós a curtametraxe Corazón amoratado das nosas alumnas. Estamos moi orgullosos delas e do seu traballo e nunca nos cansaremos de felicitalas.
Desexamos que este traballo que fixeron con tanto esforzo e agarimo vos guste tanto como a nós e lembrade que "podes darlle a chave da túa vida a quen queiras, pero tamén podes cambiar de pechadura".
sábado, 4 de marzo de 2017
AS NOSAS GRANDES ESTRELAS NA RADIO GALEGA.
As nosas alumnas Mencía González Rodríguez, Uxía Carreira Moscoso, Gara Sandá Floréz e María Calvo García foron entrevistadas pola Radio Galega despois da realización e estrea da curtametraxe Corazón Amoratado.
Parabéns ás catro e a seguir así!
XA ESTAMOS AQUÍ UN ANO MÁIS.
Un curso máis estamos elaborando a revista do noso centro, Pugazeta, non esquezas entregar o teu artigo, viñeta ou calquera outra aportación a calquera dos membros do EDL.
Contamos coa túa participación!
venres, 24 de febreiro de 2017
Rosalía de Castro
Hoxe queremos compartir con vós un cachiño de Rosalía da man de Narf. Feliz 24 de febreiro!
xoves, 23 de febreiro de 2017
venres, 17 de febreiro de 2017
CORAZÓN AMORATADO
O vindeiro mércores 22 estréase no Ágora ás 19:30 unha curtametraxe baseada no guión gañador do concurso de guións contra a violencia de xénero do curso pasado.
Tanto como o guión como a curta está realizado dirixido por catro alumnas do noso instituto, que contan unha historia de violencia de xénero dende o punto de vista do maltratador.
Estades tododos convidados!
xoves, 29 de decembro de 2016
sábado, 24 de decembro de 2016
martes, 8 de novembro de 2016
domingo, 2 de outubro de 2016
BENVIDOS AO NOVO CURSO!
Comeza un novo curso e con el novas ilusións. Moito ánimo rapaces e rapazas e non vos esquezades de loitar polos vosos soños.
domingo, 12 de xuño de 2016
PUGA ZETA Nº 6
Xa podes ver o novo número da nosa revista. Esperamos que vos guste!
http://issuu.com/anacvazquez/docs/_puga_zeta_6?e=5316867/36416591
http://issuu.com/anacvazquez/docs/_puga_zeta_6?e=5316867/36416591
xoves, 12 de maio de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















