Xa temos as gañadoras do concurso de portadas para a revista. A verdade é que este ano puxéronllo moi difícil ao xurado polo número e a calidade dos traballos presentados.
Parabéns para as gañadoras e moitas grazas a todos e todas por participar!
Hoxe queremos propoñervos unha actividade moi divertida e enriquecedora e por esta vez ningués vos dirá nada por estar falando a boca chea. A que parece divertido? Pois animádevos a ir! E lembrade que as 19.00 as actuacións son de balde.
Hoxe, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller. Este día está recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e para facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. As mulleres que traballan e estudan no IES Rafael Puga Ramón recibiron unha sorpresa moi especial neste día ao ir ao baño. Grazas!
Aquí vos deixamos unha mostra desta gran sorpresa:
Hoxe queremos compartir con vós a curtametraxe Corazón amoratado das nosas alumnas. Estamos moi orgullosos delas e do seu traballo e nunca nos cansaremos de felicitalas.
Desexamos que este traballo que fixeron con tanto esforzo e agarimo vos guste tanto como a nós e lembrade que "podes darlle a chave da túa vida a quen queiras, pero tamén podes cambiar de pechadura".