martes, 26 de maio de 2015

VISITA ELENA GALLEGO

No mes de xaneiro tivemos a sorte de que nos visitara a autora de Dragal. Foi un día moi divertido para o alumnado de 2º da ESO que compartiu con ela dúas fantásticas e "dragalianas" horas. Aquí vos deixamos o documento gráfico desta visita.

sábado, 16 de maio de 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015: FILGUEIRA VALVERDE.

Pontevedra 1906. Pontevedra 1996. Doutor en Lingua e Literatura Galego-portuguesa, Licenciado en Dereito. Narrador, Poeta Lírico, Polígrafo, Catedrático, Director Emérito do Museo de Pontevedra, Director da Casa Museo "Rosalía de Castro", Fundador do "Seminario de Estudos Galegos", Académico de Número da Galega e da Historia, de Honor da Galega de Belas Artes. Dirixiu a catalogación da "Fundación Barrié" e a "Galicia Histórica". Presidiu o Consello de Cultura Galega.





luns, 11 de maio de 2015

OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORSE.

Discurso parlamentario nas cortes da II República Española que reflicte o sentir de Castelao:

“Cuando yo fui a la escuela no sabía aún hablar en castellano; porque yo tengo que deciros que soy hijo de una familia humildísima. Fui a la escuela muchas veces descalzo, con un pedazo de pan de maíz en el bolsillo. Por eso tiene para mí el gallego esa nostalgia deliciosa que me recuerda el tiempo feliz de la infancia, ese tiempo que es el más feliz de todos los hombres; pero que yo creo que en mí lo es aún más, porque soy aldeano y de serlo y por haber probado la miel de otros idiomas, es por lo que quiero dignificar el habla de mi pueblo, la lengua del único rey español que se llamó Sabio, el viejo idioma que supieron guardar como oro nuestro trabajadores del mar y de la tierra, de estos trabajadores gallegos que son de mi sangre y son de mi carne. Señores diputados, si aprobáis nuestra enmienda, u otra cualquiera que signifique respeto por nuestra Lengua, Galicia entera os lo agradecerá.”

  Fantástica versión de María do Ceo.



Rapaces e rapazas isto vai por vós!

martes, 3 de marzo de 2015

“Dinche o corazón na man”


                                   
Rosalía vista por unha das nosas alumnas.
     Dinche o corazón na man 
    dincho queridiña enteiro 
    ca pirmeiriña esperanza 
    co pensamento pirmeiro. 
    Dincho cal neno que nase 
    de ilusións brancas cuberto
    caraveliño cerrado 
    ó teu calor dulce aberto.
    En solitarios herbales
    era rosiña escondida, 
    solo para ti prantada 
    para ti solo nacida. 
    E coma frol sensitiva 
    baixo outra man se pregaba, 
    e solo onda ti vivía 
    e de ti lonxe muchaba. 

                                       Rosalía de Castro


domingo, 22 de febreiro de 2015

A NOSA REVISTA!

PUGA ZETA

Este é o último número da nosa revista e estamos traballando no seguinte que sairá á luz no mes de xuño. COLABORA CONNOSCO!


xoves, 5 de febreiro de 2015

Rosetóns de diferentes templos galegos con Geogebra.

Os nosos dragaliños e dragaliñas representaron estes rosetóns empregando o Geogebra. Despois de moito traballo....Velaiquí o resultado.